#1 Edition. Freak, freak, freak

“Algún día botarei a vista atrás e verei o meu nome en letras de neón apagadas. Entón, preguntareime que aterrorizará á xente. Serán as verduras? Será o beicon? Quen sabe! Sexa o que for, será a volta do horror. E eu regresarei!”

Evocando estas palabras de Bela Lugosi, queridos freakies, entre os escuros recunchos da Videodrome, unha nova criatura axéxanos. Famenta. Impaciente. En silencio atraparanos, para devorarnos e defecarnos.

O máis terrorífico desta situación é que imos gozar, aullando como tolos. E é que, queridos freakies, o cinema é mellor que a vida.

O FESTIVAL

O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é un evento de cinema e cultura freak. Ao longo de tres días amosará unha insólita selección de pezas audiovisuais que habitualmente vense privadas das canles habituais de distribución no estado.

Máis que cine

O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo as proxeccións de películas o epicentro de festas, concertos e actividades.

SALA VIDEODROME

Entrada pola Rúa Velázquez Moreno 44, Vigo.
Antigo supermercado Familia do Mercado do Progreso.