FESTAS, CONCERTOS, ACTIVIDADES

INAUGURACIÓN:
CONCERTO JOAO TOMBA + Sesión TYPICAL SPANISH

Grazas por aparecerte a amosarnos o verdadeiro camiño do Rock & Roll. Alabado sexas!

Logo de morrer nun accidente de coche e pasar cinco décadas no ceo, Joao Tomba, unha estrela do rock dos anos 50, reencarnou en Indy Tumbita, un mozo músico equivocado, coa misión de canalizar a súa vida, en esta singladura, influenciada tanto por Alan Vega ou Alex Chilton coma por Roy Orbison, Burning ou a biblia. Cancións de amor desesperadas, desgarradas, incluso apocalípticas, pero sempre dende unha perspectiva de leria con certas pinceladas surrealistas.

Bandcamp: https://joaotomba.bandcamp.com/

Xoves 25, 21:00 | Sala VIDEODROME

Exhibición obras Josef Mendez


Pinturas de ultratumba. Monstros, seres diabólicos e demáis aberracións. Todo un sinistro mundo saído da paleta deste recoñecido artista vigués.

http://www.artehorror.com/

Durante todo o festival | Sala VIDEODROME

FESTA DJ HOME ELEFANTE


Venres 26, 00:30 (noite do venres ao sábado) | Sala VIDEODROME

CLAUSURA:
CONCERTO ALFEIZAR + FESTA

O cutrelux ten os seus deuses e son vigueses. Os seus fans son lexión e os seus shows un delirio. Autodefinidos como conxunto musical de lírica comarcal. Horterismo fino!

Se hai algo que caracteriza estas novas promesas, é o talento levado á súa máxima expresión, tanto nas letras das súas cancións, de novas incómodas, coma na súa música moderna e directa, que deleita a todos os que se deslumbran con eles.

Con cancións como: “La guarida del Amor”, “Tattú”, ou a mítica “El Culo Manchado de Caca”, Alféizar é, hoxe por hoxe, o máximo expoñente da coñecida Lírica Comarcal, que causan furor no noso país e en YouTube, é dicir, no mundo enteiro.

Sábado 27, 23:00 | Sala VIDEODROME